xoves, 26 xan 2017
Tras unha reunión co vicario xeral da diócese, o alcalde anunciou a ampliación das beirarrúas, melloras no estacionamento e máis verde, ademais da posibilidade de sumar o muro do acceso ao programa municipal de arte urbano. Caballero asegurou que a humanización da Vía Norte, na parte que afecta á igrexa, estará rematada a mediados de maio, para os actos de celebración do centenario do templo.
xoves, 26 xan 2017
O alcalde saudou este xoves ao alumnado que asistiu no Auditorio Municipal ao concerto ofrecido pola Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, que se enmarca nun programa no que participarán 2.500 alumnos de 49 centros educativos vigueses.
xoves, 26 xan 2017
Abel Caballero explicou que sempre hai unha praza dispoñible no centro que ten unha ocupación de entre o 95 e o 98% e destacou o presuposto anual que dedica o Concello, de arredor dun millón de euros, como un "esforzo importante" da cidade que se sente "orgullosa" deste servizo que presta.
xoves, 26 xan 2017
O alcalde certificou a colaboración municipal nunha reunión cos responsables da Fundación Carlos Casares, autor recoñecido no Día das Letras Galegas deste ano, "un gran vigués nado en Ourense", en verbas de Caballero. A Fundación solicitou nomear "Carlos Casares" á confluencia da Hispanidade con Pintor Colmeiro.
xoves, 26 xan 2017
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou unha nova edición da Liga Linco de baloncesto, que patrocina o Concello e que organiza o Baloncesto Seis do Nadal.