O alcalde afirma que "ninguén quedou fóra do albergue, nin antes nin nunca"
Abel Caballero explicou que sempre hai unha praza dispoñible no centro que ten unha ocupación de entre o 95 e o 98% e destacou o presuposto anual que dedica o Concello, de arredor dun millón de euros, como un "esforzo importante" da cidade que se sente "orgullosa" deste servizo que presta.
O rexedor puxo en valor o traballo que desempeña o Centro de Inclusión e Emerxencia Social da cidade como o "único albergue público aberto durante a crise por ningún concello de España" e que conta cun orzamento anual de preto dun millón de euros, o que supón "un esforzo moi importante" e a consecución dun "grande obxectivo de Vigo: que ninguén durmise na rúa".
Sobre a ocupación media do centro declarou que é "altísima, de entre o 95 e o 98%" quedando sempre unha cama libre. En referencia aos últimos días con baixas temperaturas, explicou que o albergue estivo "ao completo e ninguén quedou fóra; ninguén deixou de ter cama se acudía; nin antes nin nunca". Engadiu que ningunha persoa que acudise ao centro, cumprindo as normas de funcionamento, quedou nunca sen praza, nin por razón de idade nin de ningunha outra". Ademais, cando se cumpre o tempo de estancia máxima, para permitir a rotación que establece o regulamento, "cooperamos con eles para buscar unha cama definitiva".
Así, engadiu que nestes momentos só dormen na rúa as persoas que, por vontade propia, non queren facelo no albergue e que, en todo caso, son atendidas de forma permanente pola unidade de día, voluntarios, os coidadores de barrio que saben onde están e mesmo a policía. De se produciren situacións complexas, como foi o caso da recente ola de frío, "atendémolos na rúa, sabemos onde están, quen son e se non queren ir temos que respectalo". Estes últimos días o equipo de rúa repartiulles sacos de durmir e bebidas quentes.
Para o rexedor a atención social que presta Vigo "funciona e a cidade está orgullosa porque é solidaria" e sinalou que non hai albergues municipais noutras cidades galegas porque o vigués "é o único que funciona".