O Concello proxecta un carril bici que vertebra a cidade desde Teis ata Samil
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Fomento, David Regades, veñen de presentar o primeiro carril bici da cidade a colectivos ciclistas. O percorrido de dez quilómetros une Teis con Samil e presenta un orzamento estimado en 2,6 millóns de euros. "Neste mandato ten que ter un avance moi importante; se non total, moi importante", avanzou Caballero este martes.
O rexedor vigués indicou esta mañá que o trazado será "na súa inmensa maioría" exclusivo para bicicletas, mais contará con algún "pequeno tramo" de uso conxunto. Onde coincida cos peóns, explicou, os espazos estarán "claramente diferenciados" para "darlle o máximo de seguridade" aos viandantes; onde se comparta cos vehículos, calmarase o tráfico con velocidades máximas de ata 30 km/h.
Caballero revelou que este proxecto está aínda aberto a melloras e "falado prácticamente con todos os colectivos", e adiantou que "neste mandato ten que ter un avance moi importante, se non total, moi importante".
Este será o primeiro carril bici que promova o Concello de Vigo, que xa planifica conectalo con outros carrís adicionais, como un pola costa que tamén una Teis e Samil, pechando así un circuito ciclista duns vinte quilómetros. O goberno local tamén contempla carrís que partan do principal para que a bici sexa outro modo máis de transporte urbano. "É o obxectivo que nos marcamos", asegurou Caballero.
Percorrido
Abel Caballero explicou que, desde Samil, o carril bici discorrerá pola marxe esquerda da Avenida de Europa, onde se construirá o propio carril e tamén unha beirarrúa da que carece actualmente o vial. Pola Avenida de Castelao seguirá entre o arborado e a zona verde, baixando na Praza de América ao paso de peóns da rúa Coruña para subir por Camelias tamén pola parte esquerda.
O carril atravesará a Praza de Independencia e continuará pola mesma marxe da Avenida das Camelias, pasará fronte ao Concello pola pequena praza sobre Blein Budiño e irá por Venezuela, respectando o gran parque infantil que proxecta o goberno local. Atravesará a Gran Vía, seguirá por Venezuela ata Pizarro e percorrerá a Travesía de Vigo, onde haberá zonas de calmado de tráfico con velocidade máxima de 30 quilómetros por hora. Continuará ata Buenos Aires para baixar e finalizar no inicio de Sanjurjo Badía.
Descargar todas as imaxes