Escoitar

O alcalde sinala que a ampliación do IFEVI está "en prazo e require non perder un só día"

Abel Caballero abordou cos responsables de CONXEMAR a ampliación do Recinto Feiral co obxectivo de que estea operativa o próximo outono. Segundo explicou, unha vez que a Xunta de Galicia envíe o proxecto ao Concello, realizarase a expropiación das parcelas que son propiedade da Comunidade de Montes de Cabral da que agarda cooperación no proceso.

luns, 23 xan 2017
1485179064conxemar.JPG
O rexedor vigués mantivo un encontro esta mañá coa directiva de CONXEMAR no contexto do proceso de ampliación do IFEVI que "require non perder nin un só día" para que estea realizada no mes de outubro e poida acoller a seguinte feira.

Tal e como expuxo, o proxecto está "en prazo", logo do período de exposición pública que non recibiu alegacións, e atópase en mans da Xunta de Galicia que deberá envialo ao Concello para que se inicie o proceso de expropiación.

Sobre os terreos afectados, Caballero explicou que son propiedade da Comunidade de Montes de Cabral que deberá poñelas a disposición municipal para poder seren expropiados e amosouse confiado na súa boa vontade para que iso sexa posible con celeridade. "Sabemos que a Comunidade de Montes sempre está atenta ao desenvolvemento económico de Vigo e para iso a ampliación de CONXEMAR é vital polo que confiamos en que dean mostra da vontade de seguir apoiando á cidade nos seus desenvolvementos".
Descargar todas as imaxes