Escoitar

O goberno local estudará a posibilidade de abrir un novo acceso no colexio Párroco Don Camilo

O alcalde de Vigo comprometeuse hoxe venres co profesorado e cos pais do colexio Párroco Don Camilo a estudar a posibilidade de abrir un acceso pola parte de abaixo do centro educativo. Deste xeito, os douscentos escolares evitarían o tráfico rodado da estrada na que está situada na entrada nestes momentos.

venres, 20 xan 2017
1484918559parroco.JPG
O Concello de Vigo analizará a proposta do profesorado e dos pais e nais do colexio Párroco Don Camilo de abrir un novo acceso ao centro pola parte de abaixo do mesmo. Esta decisión, dixo o rexedor, esixirá unha modificación do planeamento que será avaliada polos técnicos municipais que serán os que decidan sobre a súa viabilidade. Segundo o rexedor, esta opción permitirá que douscentos nenos eviten o tráfico da estrada pola que nestes momentos acceden ás instalacións educativas. Durante a reunión que mantivo coa directora, cos docentes e coas anpas, Caballero tamén se comprometeu a reparar unha cuberta así como a ampliar e buscar solucións para unha zona de recreo con moita auga xa que está situada sobre unha capa freática do chan.
Descargar todas as imaxes