Vigo constata o funcionamento das tarxetas nas probas de homologación
Abel Caballero explicou que onte luns se realizaron nas instalacións de ABANCA as probas de lectura das tarxetas de transporte metropolitano nas que se puido confirmar que o "sistema funciona".
O rexedor declarou que o Concello "está proactivo" e segue traballando para desenvolver o sistema de transporte metropolitano. Así, unha vez recibida "toda a información desde a Xunta de Galicia" para poder empregar o software vigués e probalo, onte luns realizáronse as primeiras probas de homologación dos sistemas informáticos con ABANCA, o operador co que traballa o goberno autonómico, cun resultado positivo xa que "se constatou que o sistema funciona".
A tenor deste resultado, Caballero apuntou que, resolta esta cuestión, "para nós está listo para ser colgado de forma inmediata", considerando que a Xunta debe "retirar o seu recurso, como é natural".