O goberno de Vigo comeza unha nova quenda de obras con 15,5 millóns de investimento
O Concello ten actualmente 17 actuacións en marcha por importe de 11,5 millóns de euros e xa inicia unha nova etapa con outras 12 melloras que totalizan 15,5 millóns de euros. A nova serie de accións comeza "de forma inmediata", explicou o alcalde de Vigo. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, repasou este luns o calendario de investimentos do goberno que preside, unha treintena de actuacións cun orzamento total de 27 millóns de euros.
O goberno de Vigo inicia "de forma inmediata" unha nova tanda de melloras, unha ducia de obras cun orzamento lixeiramente superior aos 15,5 millóns de euros. Trátase das obras en Doctor Corbal, Vía Norte, Álvaro Cunqueiro, Rosalía de Castro, rúa Llorente, Avenida de Castelao, en Estornino, na Avenida das Camelias, unha nova fase da humanización de Bueu, a segunda fase das escaleiras mecánicas da rúa Segunda República, a construción do aparcamento gratuíto xunto ao hospital de Beade-Valladares (620.000 euros) e a segunda fase da reforma da bancada de Río, no estadio municipal de Balaídos.
Obras en marcha
O Concello está a executar actualmente 17 melloras por valor próximo aos 11,5 millóns de euros. Segundo deglosou Caballero, estas son a remodelación de Tribuna, en Balaídos, obras en Calexón Rivera, en calzadas, en Revolta-Matamá, na Curva de Sampaio de Abaixo, na rúa Rola, na Subida ao Cemiterio de Puxeiros, en Dona Fermina, en Corredoira, en García Barbón, na rúa Bueu, en Lotas e Brea, na Avenida de Galicia, rúa Ferreiros, asfaltados, Aragón e Gregorio Espino.