Escoitar

O Concello promoverá cos hostaleiros a zona de especial afluencia turística

O rexedor mantivo un encontro con representantes da hostalería e o comercio da cidade no que abordaron o tratamento do Casco Vello, o ensanche e Bouzas como reclamo turístico. Tamén estudarán de forma coordinada a xestión da "inmensa afluencia" de visitantes ás Illas Cíes.

luns, 9 xan 2017
1483970259hostaleiros.jpg
Abel Caballero reuniuse este luns con representantes de Feprohos, Vigovello e Zona Náutico con quen dixo que o Concello mantén unha "relación fluída" para tratar a posibilidade de que a zona de especial afluencia turística, circunscrita ao Casco Vello, o ensanche e Bouzas, sexa posta en valor entre os turistas que visitan a cidade con sinalización e información completa para "conducir, reconducir e chamar a atención" dos visitantes sobre o atractivo turístico desta zona "e todo o que pode facerse alí".

Ademais, o Concello e a hostalería estudarán de forma conxunta a maneira de canalizar "a inmensa afluencia que están tendo as Illas Cíes como enclave medioambiental e fundamentalmente como bandeira turística". Así, explicou o alcalde, o obxectivo é conseguir que os visitantes atopen outros atractivos na contorna da ría para pasar na cidade máis días logo da viaxe ao arquipélago, divulgando nestas accións as facilidades e recursos que ofrece a zona.
Descargar todas as imaxes