Escoitar

O goberno de Vigo instala 38 bancos novos na peonil do Calvario

O alcalde presenciou este luns os traballos que se están realizando para substituír os asentos deteriorados no barrio por outros novos de cor vermella, que forman parte dunha remesa de 250 acabada de adquirir por valor de 75.000 euros.

luns, 9 xan 2017
1483970370bancos2.jpg
Abel Caballero visitou esta mañá a rúa peonil do Calvario para observar os labores de instalación de 38 bancos novos de cor vermellón en substitución dos existentes, que estaban deteriorados.

Segundo explicou, o Concello vén de adquirir unha nova partida de 250 asentos para colocar nas rúas da cidade por un importe de 75.000 euros que inclúen os que tamén se están instalando nas rúas do Príncipe e de Colón, de cor branco.

O rexedor puxo en valor esta acción municipal porque "un banco é unha forma de socializar e un xeito diferente de vivir a rúa" xa que permite que a xente poida sentarse e falar.
Descargar todas as imaxes