venres, 13 xan 2017
Despois dunha entrevista celebrada este venres, Abel Caballero informou que a dirección do Salón propón incrementar o espazo expositivo na edición 2017, "o que significará axuda adicional do Concello, porque para nós o Salón do Automóbil en Vigo, a cidade do automóbil, é absolutamente prioritario".
venres, 13 xan 2017
A concellería de Educación inicia unha nova edición do programa de divulgación musical "Música na Escola" no que participarán 49 centros educativos e máis de 2.500 alumnos e alumnas. O programa consiste en concertos didácticos por parte do profesorado da Escola municipal de música e da Escola municipal de música folk e tradicional e que se desenvolverá as próximas dúas semanas no Auditorio municipal, en horario de 12,00h a 13,00h. O primeiro dos concertos didácticos terá lugar o luns día 16 e será gravado por un equipo formado por alumnado e profesorado do IES Audiovisual de Vigo.