O goberno de Vigo inicia a humanización de Vía Norte con 1,3 millóns de investimento
Nunha visita á rúa, Abel Caballero anunciou que a segunda fase da remodelación chegará ata Urzáiz e se acometerá "de forma inmediata" á finalización da primeira. A humanización da Vía Norte comeza desde a Travesía de Vigo ata Escultor Gregorio Fernández e presenta un prazo de execución estimado en catro meses.