Escoitar

Os mercadiños de Coia e Bouzas contan xa con 244 vendedores autorizados

O alcalde deu conta esta mañá da boa marcha dos mercadiños de Coia e Bouzas que contan xa con 244 vendedores autorizados. Na súa opinión, estas feiras funcionan "francamente ben", con normalidade e baixo condicións de seguridade. <br />

luns, 9 xan 2017
Os mercadiños de Coia e Bouzas funcionan "francamente ben", con normalidade, en condicións de seguridade e baixo control municipal. Así o explicou esta mañá o alcalde nunha rolda de prensa na que deu conta da presencia nestes momentos de 244 vendedores autorizados. Coia, detallou, ten capacidade para 120 postos, conta con 108 vendedores autorizados e hai 143 solicitudes en estudo; mentres que en Bouzas -con capacidade para 241 postos, hai autorizados 136 e temos 130 solicitudes en tramitación. Caballero felicitouse pola boa marcha destas feiras xa que, desde que se retomou o seu funcionamento, conseguiuse eliminar a asociacións que usaban os mercadiños para o seu lucro persoal, recorrendo, incluso, a coaccións cos vendedores.