Escoitar

Inicio do programa de divulgación "Música na Escola"

A concellería de Educación inicia unha nova edición do programa de divulgación musical "Música na Escola" no que participarán 49 centros educativos e máis de 2.500 alumnos e alumnas. O programa consiste en concertos didácticos por parte do profesorado da Escola municipal de música e da Escola municipal de música folk e tradicional e que se desenvolverá as próximas dúas semanas no Auditorio municipal, en horario de 12,00h a 13,00h. O primeiro dos concertos didácticos terá lugar o luns día 16 e será gravado por un equipo formado por alumnado e profesorado do IES Audiovisual de Vigo.

venres, 13 xan 2017
1484312047didactico.jpg
A primeira semana a Escola municipal de música centrará a temática dos concertos na "Cara feminina da música", con diversas formacións instrumentais que axudarán a coñecer a obra musical de compositoras e intérpretes de diferentes épocas da historia.

Escola municipal de música folk e tradicional será a encargada dos concertos da segunda semana sobre "Migrasóns" no que, utilizando algúns dos instrumentos obxecto dos programas educativos da escola (gaita, percusión tradicional, arpa céltica, bouzouki, violín folk, requinta, zanfona,...), faise un percorrido polas músicas migradas incorporadas á nosa música tradicional.
Descargar todas as imaxes