luns, 29 mai 2017
A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas provisional para contratar a redacción do proxecto de execución das obras que permitirán percorrer a Gran Vía, entre as rúas Lepanto e Nicaragua, en dous minutos e medio mediante unhas cintas móbiles.
xoves, 25 mai 2017
Con motivo da realización de obras de humanización, dende o próximo venres 1 de xuño e ata o 9 de xuño, o túnel permanecerá cortado ao tráfico nos dous sentidos de circulación e, ademais, quedará prohibido o estacionamento na rúa Gregorio Espino para liberar o carril de estacionamento e permitir así o tránsito dos vehículos nese espazo. Segundo explicou o alcalde, os cambios e desvíos estarán sinalizados e haberá persoal da policía controlando a situación.
mércores, 24 mai 2017
A Xunta de Goberno Local aprobará o proxecto que permitirá comunicar a rúa Pizarro, a través da Praza Isabel A Católica, coa rúa San Salvador por un importe de 714.000 euros. O ascensor do Parque Camilo José Cela está pendente do permiso da Xunta de Galicia.
luns, 22 mai 2017
O Diario Oficial de Galicia do pasado venres recolle a aprobación polo goberno de Vigo dos contratos de redacción de ambas humanizacións, que suman 6,5 millóns de euros e se financian "en gran medida" desde a Deputación de Pontevedra, segundo recordou Abel Caballero este luns. A presentación de ofertas, ata o 5 de xuño.
luns, 15 mai 2017
O alcalde repasou este luns os investimentos municipais xa en execución ou en tramitación administrativa, melloras que ascenden a 55 millóns de euros e que xerarán "miles e miles de empregos". Entre estas, Caballero avanzou que en dúas semanas comezarán os traballos da segunda fase das escaleiras mecánicas de Porta do Sol.
mércores, 10 mai 2017
Co fin de ter en "boas condicións de tránsito" os firmes da cidade, segundo explicou o alcalde, que adiantou a contratación da segunda fase das escaleiras da Porta do Sol e a redacción do proxecto de transformación da Gran Vía e a Porta do Sol que supoñerán 18 millóns de euros de investimento e a xeración de "centos de postos de traballo".
luns, 8 mai 2017
O obxectivo das humanizacións, ademais de embelecer a cidade e xerar emprego, é facer a cidade máis accesible e segura. Así o explicou esta mañá o segundo tenente de alcalde, David Regades, nunha rolda de prensa na que avanzou novas actuacións en mellora da mobilidade para os colectivos con máis dificultades que se suman ás obras de humanización previstas este ano.
venres, 5 mai 2017
Os expedientes foron aprobados pola Xunta de Goberno Local e o alcalde puxo en valor a "cooperación" da Deputación de Pontevedra, pois o organismo provincial presidido por Carmela Silva cede a titularidade de ambos viais e sufraga unha "parte importantísima" dos 6,5 millóns reservados para as dúas humanizacións.
xoves, 4 mai 2017
Así o anunciou este xoves Abel Caballero, despois de que a Xunta de Goberno Local adxudicase o contrato por case 540.000 euros. O alcalde recordou que as aproximadamente 400 prazas de estacionamento serán gratuitas.
xoves, 27 abr 2017
O alcalde visitou este xoves as obras de humanización de Vía Norte entre Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Hernández, que teñen un orzamento de 1,3 millóns de euros e que permitirá renovar un quilómetro de tubaxes e soterrar os cables.