xoves, 13 xul 2017
Abel Caballero apunta que o "importante" proxecto supón continuar coa humanización do conxunto logo de rematar Rosalía de Castro. A Xunta de Goberno Local deu o visto bo á solicitude de prórroga dos ARI de catro zonas da cidade e aprobou as subvencións de 35.000 euros para o fomento do emprego.
mércores, 12 xul 2017
Continuando coas humanizacións no rural e no centro urbano, o rexedor informou da aprobación da licitación do proxecto de obras que supoñerá a renovación dos firmes en diferentes vías.
martes, 11 xul 2017
O Concello adicou 200.000 euros á primeira fase da humanización deste vial, unha rúa "maltratada e castigada", en verbas de Caballero, que agora goza dun novo espazo de confluencia que o goberno vigués fará peonil ao prohibir o estacionamento.
luns, 10 xul 2017
Abel Caballero inaugurará na noite deste luns unha nova fonte en Rosalía de Castro que forma parte da última fase da humanización e remodelación desta rúa. "Prepárense; nunca viron nada igual", avanzou o rexedor.
xoves, 6 xul 2017
O alcalde visitou este xoves os traballos de reforma de Río, no estadio de Balaídos, en fase de retirada da actual cuberta. Caballero adiantou que a bancada estará operativa para o primeiro partido de Liga e a obra concluida a finais de ano.
luns, 26 xuñ 2017
Caballero informou da clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para as actuacións artísticas sobre quince novos espazos da cidade. Ademais, o goberno de Vigo acordou adicar 187.000 euros para a posta en marcha do proxecto EDUSI-Vigo Vertical, cofinanciado polo FEDER.
xoves, 15 xuñ 2017
A Xunta de Goberno local deu luz verde ao proxecto de mellora do interior e do entorno da Escola de Música de Beade. O orzamento ascende a preto de medio millón de euros e permitirá ampliar os espazos e, polo tanto, a capacidade de docencia.
luns, 12 xuñ 2017
As obras en marcha no entorno da Avenida das Camelias ascenden case a 10 millóns de euros, segundo explicou hoxe luns o rexedor. Aos máis de 6,5 millóns aos que se eleva a humanización desta rúa, hai que sumar os traballos de mellora de Álvaro Cunqueiro e os proxectos de Pintor José Frau e o ascensor de Juan Ramón Jiménez.
martes, 6 xuñ 2017
Caballero avanzou esta mañá a inversión de 2,3 millóns nas humanizacións de Álvaro Cunqueiro, na 4ª fase de Camelias e na da rúa Pintor José Frau. Nos dous primeiros casos, as obras están en marcha e na terceira, xa se está a traballar o proxecto de obra.
luns, 5 xuñ 2017
A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación da redacción do proxecto da obra que transformará o espazo "na gran praza da cidade". Tamén deu o visto bo á segunda fase de humanización da rúa Bueu por un importe de 628.000 euros.