Escoitar

O Concello avanza na remodelación de Río coa retirada da cuberta, que prevé completar en dúas semanas

O alcalde visitou este xoves os traballos de reforma de Río, no estadio de Balaídos, en fase de retirada da actual cuberta. Caballero adiantou que a bancada estará operativa para o primeiro partido de Liga e a obra concluida a finais de ano.

xoves, 6 xul 2017
1499354669balaidos.JPG
En declaracións aos medios, o alcalde explicou que a remodelación da bancada de Río leva tempo en marcha e, tras a retirada das instalacións e elementos de fachada existentes, xa está en proceso a desmontaxe da cuberta.

Para a desmontaxe dividiuse a cuberta en once módulos, que oscilan entre as 5 toneladas das pezas máis pequenas -as dos extremos, unha das cales xa foi retirada- e as 14 toneladas de peso. Caballero estimou que a actual cuberta estará retirada nun prazo aproximado de dúas semanas. Unha vez rematada esta fase, se ensamblará xunto á bancada de Río a malla tubular que dará soporte á nova cuberta. Como aconteceu en Tribuna, a montaxe desta estructura sobre Río é incompatible co fútbol, segundo apuntou o rexedor.

O alcalde confirmou que a bancada de Río estará operativa para o primeiro partido de Liga e que as obras de remodelación integral estarán concluidas a finais de ano. Concello e Deputación sufragan este investimento a partes iguais, licitado en 6,77 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes