Escoitar

Caballero desexa "todo o éxito" ao Roller Derby Vigo, que organiza esta fin de semana o Nacional nas Travesas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu a unha representación do Roller Derby Vigo, club organizador da segunda edición do Campionato de España desta modalidade que acaba de aterrar no país e vaise xogar a fin de semana.

xoves, 6 xul 2017
1499344380deporte1.JPG
O xefe do Goberno local interesouse polo desenvolvemento da competición e pola modalidade, departindo durante uns minutos con Daniel Castro (adestrador de Roller Derby Vigo e árbitro nacional), Natalia Villarino (secretaria de Roller Derby Vigo e xogadora) e Helena Raña.
Cabaleiro, que pousou coa bandeira do club, desexou sorte ao equipo vigués, que xa competiu na primeira edición de Bilbao. Agora o Central das Travesas acolle esta disciplina de recente incorporación á Federación Española de Patinaje.

O sábado, ás 16:30 e 19:00 horas, dispútanse dous encontros (o segundo, entre o conxunto vigués e o Rock'n' Roller Derby Murcia), mentres que para o domingo están fixados outros dous (ás 10:00 a final masculina e ás 12:30 o segundo choque entre as viguesas e o Roller Derby Madrid).
O Concello patrocina este evento coa cesión gratuíta das instalacións e trofeos.

O Roller Derby Vigo naceu hai ano e medio. Compite en categoría feminina. Os seus rivais para este Nacional son o Roller Derby Madrid e o Rock 'n' Roller Murcia. O Tibicenas Men´s Roller Derby e o Madriders Men´s Roller Derby xogaranse o título masculino. É dicir, a cidade recibe a equipos de Galicia, Murcia, Madrid e Tenerife.

Ademais, o sábado nas Travesas (13:30 horas) Vigo acollerá unha reunión informativa na que se tratarán cuestións relacionadas co Roller Derby WFTDA, Roller Derby FIRS, así como os World Roller Games de Nanjing 2017 e os World Roller Games de Barcelona 2019.

Vigo é referencia nacional en novas disciplinas de patinaxe. Dende 2013 recibe campionatos e copas de España de Freestyle, outra modalidade do patinaxe de recente implantación.
Descargar todas as imaxes