Escoitar

O Concello inaugura este luns unha fonte en Rosalía de Castro que inclúe unha pantalla circular LED

Abel Caballero inaugurará na noite deste luns unha nova fonte en Rosalía de Castro que forma parte da última fase da humanización e remodelación desta rúa. "Prepárense; nunca viron nada igual", avanzou o rexedor.

luns, 10 xul 2017
O que converte a esta fonte en espectacular, ademais das numerosas boquillas e bombas para lanzar a auga que ten, é unha pantalla LED circular de cinco metros na que se poderán retransmitir, por exemplo, partidos do Celta, ademais de infinidade de proxeccións e figuras variadas. É unha fonte "da modernidade" e que forma parte do noso obxectivo de "poñer a Vigo no lugar no que ten que estar", afirmou Caballero. O custo desta humanización foi de 750.000 euros.