Escoitar

O alcalde participou na entrega de premios do III Ruta de Pinchos As Travesas

Abel Caballero tomou parte este venres na entrega dos diplomas da terceira edición desta ruta, que tivo lugar entre os días 2 e 18 de xuño, co obxectivo de atraer visitantes, reforzar o comercio e a hostelería da zona.

venres, 7 xul 2017
1499431062travesas.JPG
Abel Caballero participou este venres no acto de entrega de premios da terceira Ruta de Pinchos As Travesas, que tivo lugar entre os días 2 e 18 do pasado mes de xuño.

O rexedor salientou o prezo dos pinchos, desde un euro, como forma de "promoción" dos locais. Revelou Caballero que o establecemento gañador foi "Tapería Caviar" e os tres segundos premios recaíron en "Tapería Como en Casa", "Tapería Porta do Atlántico" e en "Quesum". A organización tamén concedeu un premio aos participantes, unha fin de semana no Talaso Atlántico.
Descargar todas as imaxes