O Concello reparte máis de 2.500 pulseiras identificativas nas praias de Vigo
O alcalde visitou este venres o centro municipal de coordinación de emerxencias, en Samil, un dos lugares onde os pais e nais poden recoller de balde algunha das máis de 2.500 pulseras das que dispón o Concello. Co nome e un teléfono, a pulseira permite identificar ao menor en caso de perderse e contactar cos seus maiores.
Abel Caballero animou aos bañistas a solicitar unha das máis de 2.500 pulseiras das que dispón o Concello nas praias de Vigo. Os pais e nais poden solicitala de balde no centro municipal de coordinación de emerxencias de Samil e en todos os postos de socorrismo dos areais vigueses (en Rodas, Fortiñón, Canido, Vao, Fontaíña, Samil, Argazada, Tombo do Gato e A Punta)
O alcalde explicou que os servizos municipais de salvamento e socorrismo do Concello, en coordinación coa Policía Local, teñen un protocolo de actuación en caso de menores extraviados, e este servizo de pulseiras quere minimizar os tempos de procura dos pais e nais destes nenos e nenas perdidos.
Segundo citou Caballero, desde o 15 de xuño ata o 5 de xullo desde ano, o dispositivo de praias do Concello xa atendeu a 17 menores extraviados. En todo o verán do ano 2014 foron 156 os nenos perdidos, por 114 de 2015 e 90 menores no pasado verán. "Afortunadamente, desde que estamos a facer esta campaña, vai diminuindo" o número de menores extraviados, saudou o alcalde, quen igualmente recomendou atención aos nenos e nenas.
Baño para discapacitados
En relación ao servizo municipal de verán nas praias, Caballero informou da adxudicación das cadeiras anfibias, o dispositivo que posibilita o baño para persoas con discapacidade e para o que o goberno de Vigo destina 43.000 euros.
As cadeiras anfibias xa están á disposición dos usuarios en Samil e tamén o estarán desde mañá sábado na praia do Vao, dúas en cada un dos areais, e en horario de mañá e tarde. Un equipo formado por un coordinador e catro profesionais atenden aos bañistas que queiran empregar este servizo.
Xunta de Goberno Local
O alcalde informou doutros dous asuntos aprobados polo goberno de Vigo. O Concello validou as bases de participación de patrocinadores do alumeado do Nadal. Existe demanda de empresas de colaborar, como forma de atraer clientela e embelecer a cidade, polo que se establecen as normas para acompañar este ano á "chuvia de luces" que caerá sobre Vigo este Nadal, en verbas de Caballero.
En segundo lugar, o goberno de Vigo adxudicou o soporte técnico do proxecto EDUSI – Vigo Vertical, cun importe de 239.000 euros. O rexedor indicou que este contrato actuará como soporte á estrutura municipal no desenvolvemento dun programa cofinanciado con fondos FEDER e que transformará espazos da cidade como a Gran Vía.
Descargar todas as imaxes