Escoitar

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE ACTIVIDADES XUVENÍS. CONCELLERÍA DE XUVENTUDE. 2017.<br />

<br />

venres, 7 xul 2017
O obxecto das subvencións a que se refiren as presentes bases e convocatoria é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento e realización de programas e proxectos xuvenís mixtos, de mozos e mozas, por parte das entidades e/ou colectivos xuvenís da cidade, no ano 2017.

Requisitos: a) Asociacións xuvenís e/ou entidades xuvenís sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo (Depto. de Participación Cidadá) na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.
b) Outras entidades (Asociacións ou fundacións) integradas maioritariamente por mozos/as* –100% da xunta directiva- que, carecendo de interese lucrativo, desenvolvan programas e actividades dirixidas ao fomento da participación dos mozos/as e con manifesto protagonismo xuvenil na súa elaboración e desenvolvemento global. Deberán estar así mesmo inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo (Dpto. Participación Cidadá).
c) Grupos de mozos/as non constituídos como asociación que, carecendo de interese lucrativo, teñan capacidade para realizar un proxecto específico de interese xuvenil.

Prazo e presentación de solicitudes: Publicadas bases e anexos no BOP do 24 de maio de 2017. O prazo será ata o día 11 de agosto de 2017. Extracto da convocatoria publicado no BOP do 29 de xuño de 2017. A presente convocatoria e as súas bases reguladoras, así como o modelo de solicitude e demais modelos normalizados que constitúen os seus anexos, pódense consultar na propia páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org) e na web da Concellería de Xuventude (www.xuventudevigo.org).

Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31. 986/294806) e www.xuventudevigo.org