O goberno de Vigo subvenciona o 70% do custo de cada campamento de verán
Abel Caballero visitou este venres o polideportivo de Samil para a clausura dun campamento de verán do Concello no que participaron, durante unha semana, máis de cen nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, con práctica de pádel, tenis e kayak. O Concello programa este verán máis de 25.500 prazas en actividades estivais.