Escoitar

O Concello continúa co programa "Vigo Cidade de Cor" con inicio doutros catro murais

O alcalde indicou que xa están en marcha o pintado das medianeiras da rúa Coruña 9 e de Florida 30-34, "dúas obras de arte excepcionais", e revelou que hoxe venres comezan os traballos previos en Beiramar 129, nas escaleiras entre Romil e Camelias, no parque de Navia e no muro da igrexa de Fátima. O Concello adica ao programa de arte urbano medio millón de euros.

venres, 14 xul 2017
Os catro murais que dan comezo este venres cos traballos previos ao pintado se completarán na primeira quincena de agosto, segundo adiantou Caballero, quen informou que os restantes darán comezo nos próximos días.

A partir da próxima semana comezarán os murais do colexio Niño Jesús de Praga, nos pavillóns do Carme e de Bouzas, en Doutor Corbal, na Avenida de Castelao, no túnel da rúa Ourense, no Centro Comercial 3 de Coia, nas escaleiras entre Pi y Margall e Torrecedeira, e en Eduardo Cabello.