O Goberno de Vigo aproba o proxecto dos novos vestiarios e bancada do campo de fútbol do Carballal
O alcalde deu conta este luns da aprobación do proxecto de reforma, que sairá por un importe de 420.000 euros. Caballero explicou que se executarán obras de construción dos novos vestiarios e cantina, servizos e bancadas, melloras que se suman ao novo céspede de herba sintética.
A Xunta de Goberno Local, segundo trasladou este luns Abel Caballero, aprobou o proxecto de reforma dos vestiarios e instalacións do campo de fútbol do Carballal, melloras que sairán a licitación por importe de 420.000 euros.
O proxecto, detallou o rexedor, define as obras de construción dos novos vestiarios e cantina, servizos e instalacións de fontanería, produción de auga quente, saneamento, electricidade e iluminación, ademais de incluir unhas novas bancadas para espectadores.
Caballero recordou que o goberno que encabeza traballa nunha segunda fase no nomeado recinto futbolístico para substituir o terreo de xogo por un novo de herba sintética. Así, o total investido polo Concello de Vigo no campo de fútbol do Carballal supera o millón de euros.