Escoitar

O rexedor cifra en case 10 millóns as obras de humanización no entorno das Camelias

As obras en marcha no entorno da Avenida das Camelias ascenden case a 10 millóns de euros, segundo explicou hoxe luns o rexedor. Aos máis de 6,5 millóns aos que se eleva a humanización desta rúa, hai que sumar os traballos de mellora de Álvaro Cunqueiro e os proxectos de Pintor José Frau e o ascensor de Juan Ramón Jiménez.

luns, 12 xuñ 2017
1497271625camelias3.JPG
Abel Caballero visitou esta mañá as obras da cuarta fase da humanización da Avenida das Camelias -entre Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez -onde xa se están a colocar vinteseis puntos de luz, bancos papeleiras, beirarrúas de granito ou entradas de garaxe cun pavimento especial para resistir o peso dos coches. Segundo detallou o rexedor, o importe total da humanización desta "gran arteria da cidade, moi poboada" é superior aos 6,5 millóns. Nesta cifra está incluído o proxecto da quinta fase, xa en redacción, que comprende desde Juan Ramón Jiménez ata Hispanidad.

Neste mesmo entorno, precisou o alcalde, tamén se están acometendo obras na rúa Álvaro Cunqueiro, a piques de rematar, cun investimento de preto dun millón de euros, xa está en redacción o proxecto da rúa Pintor José Frau, cun investimento de case 600.000 euros; así como o ascensor de Juan Ramón Jiménez, entre Jacinto Benavente e Torrecedeira, cun orzamento de 800.000 euros. Deste xeito, o total de investimentos previstos ou en marcha neste entorno ascenden case a 10 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes