Escoitar

O goberno municipal dedica máis de 10 millóns de euros á atención de maiores

O alcalde comprometeu o apoio do Concello ao Padroado da Fundación Amigos dos Maiores, unha organización sen ánimo de lucro que vén de iniciar a súa actividade na cidade e destacou o investimento destinado a este ámbito.

venres, 9 xuñ 2017
1497012205mayores.JPG
Abel Caballero recibiu este venres a Teresa Sancho, presidenta do Padroado da Fundación Amigos dos Maiores, quen lle presentou o labor de acompañamento e mellora da calidade de vida das persoas maiores que desenvolve na cidade para o que lle solicitou información sobre os casos que poden precisar desta axuda.

O rexedor valorou a súa dedicación a este ámbito, "rompendo a dinámica da soidade dos maiores, especialmente das mulleres" con voluntariado cualificado. Así, trasladoulle o apoio municipal á entidade, a través das subvencións de Benestar Social e con cooperación en programas específicos como os coidadores de barrio, para poder traballar conxuntamente naqueles casos que sexa preciso.

Caballero explicou que o Concello destina máis de 10 millóns de euros anuais aos programas para maiores, sen contar as accións de política social nos que se inclúen por razóns de renda. Entre eles citou o servizo de axuda no fogar, o programa xantar na casa, programas de avellentamento activo, ximnasia para maiores, coidadores de barrio, teleasistencia, convenios con entidades como Afaga ou o bono taxi e as subvenciones ao transporte público.
Descargar todas as imaxes