venres, 9 xuñ 2017
O rexedor elevou esta mañá a 40 millóns a partida municipal adicada a políticas de emprego, con 5,4 millón en accións directas e uns 35 millóns en inversións públicas. Un deses convenios de cooperación é o asinado esta mañá polo rexedor con Conxemar, dotado de 100.000 euros, que lle permitirá manter o seu cadro de persoal, formado por 16 profesionais. <br />
venres, 9 xuñ 2017
O rexedor avanzou parte do cartel da segunda edición do festival, enmarcado nas festas de Vigo, co que o Concello promove a candidatura das Cíes como Patrimonio Natural da UNESCO. Os concertos celebraranse en Castrelos e no Auditorio Mar de Vigo entre o 20 de xullo e o 14 de agosto.
venres, 9 xuñ 2017
O rexedor explicou que desde ás 10,00 h de hoxe venres prohíbese o acceso en coche ao Casco Vello de Bouzas, excepto para residentes e carga e descarga, neste caso entre as 8 e as 11 h, coa posibilidade de ampliar este horario en función das necesidades. Caballero aclarou que os primeiros días serán de aprendizaxe para os usuarios.
venres, 9 xuñ 2017
O alcalde achegouse este venres ao centro educativo vigués para coñecer de primeira man este traballo de docentes e escolares, no marco da súa semana cultural. "Con Vigo na Maleta" afonda nos movementos migratorios dos galegos no século XX, centrado nos barcos que partiron de Vigo e nos indianos retornados.