luns, 12 xuñ 2017
As obras en marcha no entorno da Avenida das Camelias ascenden case a 10 millóns de euros, segundo explicou hoxe luns o rexedor. Aos máis de 6,5 millóns aos que se eleva a humanización desta rúa, hai que sumar os traballos de mellora de Álvaro Cunqueiro e os proxectos de Pintor José Frau e o ascensor de Juan Ramón Jiménez.
luns, 12 xuñ 2017
O rexedor adiantou esta mañá de luns que a grada de Río, cun investimento de 6,8 millóns, estará operativa para o primeiro partido de Liga. Segundo o cronograma do Concello, a previsión é que a cuberta estea rematada en outubro mentres que o total dos traballos estarán completados a finais de ano.
luns, 12 xuñ 2017
Despois de reunirse cos seus responsables na mañá deste luns, Caballero garantiu a colaboración do Concello para divulgar e promover o servizo que ofrecerá o Colexio unha vez por semana, un asesoramento xurídico de balde no ámbito sociolaboral e de seguridade social.
luns, 12 xuñ 2017
Caballero recibiu este luns á embaixadora da República de Indonesia en España, Yuli Munpuni, quen lle comunicou o interese do seu país na economía viguesa. O alcalde explicou que "coñecen moi ben as industrias de pesca de Vigo e queren ter máis e mellor relación" con estas, e valoran nomear un cónsul honorario na cidade.
luns, 12 xuñ 2017
O alcalde convidou este luns á cidadanía a presenciar as actuacións programadas na décimo terceira edición do Festival de Jazz de Vigo, Imaxina Sons'17, do 30 de xuño ao 8 de xullo en distintos puntos da cidade. Esta iniciativa municipal trae a Vigo a figuras emerxentes e consolidadas do jazz europeo, ao tempo que promove as propostas galegas e peninsulares máis interesantes.