O goberno de Vigo inviste 900.000 euros en humanizacións na contorna rural
Co fin de ter en "boas condicións de tránsito" os firmes da cidade, segundo explicou o alcalde, que adiantou a contratación da segunda fase das escaleiras da Porta do Sol e a redacción do proxecto de transformación da Gran Vía e a Porta do Sol que supoñerán 18 millóns de euros de investimento e a xeración de "centos de postos de traballo".
Abel Caballero avanzou este mércores a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local do proxecto de obras para asfaltados e substitución de firmes na cidade que, cun investimento superior aos 900.000 euros, supoñen a "continuación da serie de humanizacións no rural para ter en boas condicións de tránsito" eses pavimentos.
Así, as obras realizaranse no centro en Bouzas (Covadonga e Eduardo Cabello), no Castro (Aríns e Couto e Marqués de Alcedo) e en Praza América (Pastora). Na zona norte incluiránse Alcabre (Cruceiro e Forte), Castrelos (Viloura), Sárdoma (Miraflores), Candeán (Monte Vixiador) e Teis (Dona Fermina) e, ademais, Coruxo (Viñó), Matamá (Beirán e Roupeiro), Bembrive (Arieiro) e Zamáns (Marcosende).
O rexedor deu conta amais da aprobación da contratación da segunda fase das escaleiras que comunican a Porta do Sol e a rúa Abeleira Menéndez por un importe de 755.000 euros que supón unha "baixa importante" xa que o orzamento de licitación era dun millón de euros. A este respecto sinalou que o Concello segue pendente do permiso de Patrimonio da Xunta de Galicia que "confiamos en telo de forma inmediata".
Caballero informou tamén do proceso de redacción do Proxecto de rehabilitación e transformación do entorno urbano de Gran Vía, cuxas catas comezaron o pasado luns día 8 de maio e que, nestes momentos, están realizándose á altura da rúa Brasil e de María Berdiales. Apuntou que o goberno local segue traballando na creación dunha "grande praza peonalizada" na Porta do Sol, dúas obras do programa "Vigo Vertical" que supoñerán un investimento de 18 millóns de euros, dos que 15 son achegados pola Unión Europea, e que crearán "centos de postos de traballo, un Vigo máis accesible, cómodo e habitable e unha inmensa xeración de emprego na transformación da cidade".