Escoitar

Caballero defende unha reforma constitucional que garanta o status das cidades

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP participou este martes no Foro "Retos e Estratexias do Municipalismo", organizado por El País, a Cadena SER e a propia Federación. "Queremos estar na reforma da Constitución e ter un capítulo que garanta o noso status", asegurou Abel Caballero.

martes, 9 mai 2017
Abel Caballero reclamou máis competencias para os concellos ante un "novo escenario" no que "todo sucede nas cidades", que aplican a "política total" e atenden aos problemas dos cidadáns, polo que o alcalde e presidente da FEMP requiriu que o municipalismo estea presente "na reforma da Constitución e ter un capítulo que garanta o noso status".

O alcalde apuntou que as corporacións locais son as "grandes esquecidas" na Carta Magna, pois "despacha os concellos en tres artigos insuficientes que non entenderon que non ía pasar". Así, Caballero subliñou que as cidades carecen das competencias constitucionais mais fan fronte ás demandas da cidadanía, o que definiu como "política de proximidade".