mércores, 10 mai 2017
O alcalde de Vigo asinou esta mañá un convenio de preto de 18.000 euros coa Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo. Esta achega súmase aos case 76.000 euros que recibe a Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos.
mércores, 10 mai 2017
O alcalde cualificou de "logro histórico sen precedentes" o acordo acadado por catro grupos políticos para emendar os Orzamentos Xerais do Estado de xeito que as corporacións locais poidan investir o superávit. Dos aproximadamente 7.000 millóns que aforraron os concellos no 2016, a Vigo correspóndelle 18.
mércores, 10 mai 2017
O Concello comezou o pasado 2 de maio coa nova liña do autobús urbano H3, que parte de Teis e finaliza no Hospital Álvaro Cunqueiro. O novo traxecto pasou de 18 a 56 viaxeiros nos seus primeiros seis días, avanzou Caballero, o que revela que instaurar a liña foi unha "decisión acertada" e confiou en que a ocupación seguirá crecendo.
mércores, 10 mai 2017
Caballero relacionou esta mañá estas distincións co fomento de turismo e amosou a súa satisfacción porque Vigo revalida os 12 recoñecementos medioambientais que obtivo o ano pasado. Un ano máis, as bandeiras azuis ondearán en 9 praias e 3 sendeiros da cidade.
mércores, 10 mai 2017
O alcalde invitou a toda a cidadanía a participar desta carreira non competitiva que discorrerá un ano máis en Samil, este ano co obxectivo de chegar aos 10.000 participantes. Vigo acolle a única Holi Run de Galicia, unha proba de 5 quilómetros de ámbito lúdico, con explosións de cor e animación.
mércores, 10 mai 2017
Abel Caballero achegouse esta mañá á Axencia Europea de Pesca para participar no acto conmemorativo do Día de Europa, organizado polo director executivo da Axencia comunitaria de control de pesca, Pascual Savouret. <br />
mércores, 10 mai 2017
Abel Caballero felicitou aos participantes nas VII Xornadas de teatro organizadas esta mañá no Auditorio Municipal. Os alumnos, procedentes dos centros Mestres Goldar, Canicouva e Seis do Nadal, representaron as seguintes obras, respectivamente: "Por culpa de un pokemon", "Restaurante fartuco" e "O que fai o meu Bieito sempre vai ben feito". <br />