O Concello xa acometeu a reparación e o reforzamento da cuberta de Río de Balaídos
O alcalde avanzou esta mañá que o estadio de Balaídos xa está en condicións de seguridade para acoller o partido de fútbol Celta-Shaktar Donetsk o próximo xoves 16. Tal e como explicou, ademais de reparar os desperfectos, melloráronse as condicións de seguridade da cubrición.
O estadio de Balaídos estará listo para acoller o partido de fútbol Celta-Shakhtar Donetsk que se disputará o próximo xoves día 16. Segundo explicou o rexedor, xa se realizaron as obras de aseguramento da cuberta de Río que se viu danada co temporal que azoutou a cidade nas últimas semanas. Concretamente, reforzouse o apoio da correa de aceiro laminado que cedeu pola acción do vento, fixáronse as placas soltas e reforzouse o material de cobertura na zona máis exposta do estadio.
Deste xeito, engadiu, reforzouse toda a zona circundante ao desprendemento, aumentando nun 35% a resistencia en 350 m2. Caballero rematou agradecendo a súa labor aos bombeiros, profesionais e persoal do Concello pola súa implicación na reparación e no incremento da seguridade en Balaídos.