O Concello premia aos mellores atletas e clubs do Run Run Vigo 2016
O alcalde adiantou este luns o nome dalgúns dos deportistas e clubs que recibirán a homenaxe da cidade pola súa participación no circuíto de 10 carreiras que organizou o goberno municipal ao longo do ano 2016. <br />
O Auditorio Municipal acolle este luns a Gala do Atletismo Run Run Vigo na que o Concello renderá homenaxe aos mellores atletas do ano 2016 pola súa participación no circuíto de 10 carreiras, que contou con máis de 16.000 deportistas.
Abel Caballero salientou, entre os premiados, o nome dos dous gañadores do circuíto Run Run Vigo: Daniel Bargiela e Esther Navarrete "dous grandes atletas que foron capaces de amosar o seu liderado". Ademais explicou que se fará unha homenaxe a once atletas que completaron todo o circuíto, tamén a veteranos como Estela Estévez e Hermida e a patrocinadores como Coca Cola.
O galardón á cita de maior crecemento será para a Carreira Vigo contra o Cancro, o Comesaña Sporting Club recibirá o premio ao club campión do circuíto, o Castrelos 20:30 recollerá o recoñecemento ao club máis participativo e Ramón Magariños o premio ao deportista histórico.