O goberno municipal colabora no concerto solidario da 2ª Sinfonía de Gustav Mahler
O goberno de Vigo respalda ao Conservatorio Superior de Música de Vigo na organización deste espectáculo, que reunirá a máis de 250 intérpretes sobre o escenario do Teatro Afundación este venres, 17 de febreiro, ás 20:30 horas.
A Segunda Sinfonía de Mahler, "Resurrección", é unha obra senlleira da produción romántica que impresiona tanto pola súa beleza como polas súas dimensións. Recóllese nela toda a tradición do sinfonismo desde Beethoven, e mesmo a idea do coro no quinto movemento é unha referencia directa á Novena do compositor de Bonn. O sobrenome de "Resurrección" fai referencia ao programa implícito: un percorrido desde o escepticismo, a nostalxia e a desesperación cara á esperanza e a celebración da vida, máis alá da inevitable finitude da carne.
Non lle foi doado a Mahler atopar a inspiración e mesmo o tempo para concluír esta sinfonía, que lle ocupou intermitentemente durante seis anos. O resultado é unha obra monumental: cinco movementos con máis de unha hora e media de música; unha orquestra xigante que nesta ocasión achégase aos cen instrumentistas; dous solistas e un coro, neste caso con cento cincuenta voces, acorde co tamaño da orquestra. A indicación de Mahler respecto do continxente de cordas requirido para a interpretación, é ben indicativo desta arela de desmesura: "tantas cordas como se poida", literalmente.
Este programa, que reúne en escena a 250 intérpretes, constitúe un fito excepcional na vida musical da cidade, e unha ocasión demasiado escasa, e é posible pola colaboración do Conservatorio Superior de Música de Vigo con institucións musicais do outro lado do Miño; unha colaboración que comezou xa no curso pasado, e que nesta ocasión quere ter ademais unha dimensión solidaria e humanitaria. A ponte entre Beethoven e Mahler déixase notar no alento á vez humanista e relixioso, ecuménico na súa grandiosidade, que inspira esta sinfonía. Quizais haxa poucas músicas que sexan máis a propósito para un fin solidario e humano como ao que vai destinado o beneficio deste concerto. Unha Segunda Sinfonía de Mahler posta en escena de xeito altruísta e xeneroso por todos os que a fan posible.
Descargar todas as imaxes