Escoitar

O Goberno de Vigo solicita a Fomento axilidade para aprobar a modificación do Plan Parcial de Navia

O alcalde de Vigo ratificou esta mañá o interese do Concello na axilización dos trámites que permitirán modificar o Plan Parcial de Navia e, polo tanto, construír unhas 1.600 novas vivendas a prezos accesibles. Pola contra, Caballero criticou os seis anos que leva a Xunta tramitando este plan.

luns, 13 feb 2017
O goberno local solicitou ao Ministerio de Fomento a emisión do informe preceptivo para a modificación do Plan Parcial de Navia. O rexedor, quen confiou en que no se esgote o prazo máximo de tres meses para resolver, explicou que, tan pronto se reciba, procederase á aprobación inicial desta modificación que permitirá continuar coa execución das vivendas de Navia. Caballero lembrou que Estradas xa emitiu un informe favorable polo que o Concello agarda que o Ministerio se ratifique nese informe positivo.

Antes de rematar, o alcalde destacou a importancia dunha iniciativa que permitirá construír na cidade unhas 16.000 vivendas novas e a prezos accesible. Contrapuxo a dilixencia do Concello na tramitación da parte municipal coa actitude da Xunta "que leva seis anos tramitando este plan", criticou.