xoves, 16 feb 2017
Caballero considera "inadmisible e intolerable" a posición do Goberno de España e da Xunta de Galicia de deixar a Vigo fóra da alta velocidade, sen a variante de Cercedo. Así vai trasladarllo ás forzas vivas da cidade, sen descartar novas accións. <br />
xoves, 16 feb 2017
No acto de presentación da décimo sétima edición do evento, o próximo venres 24 de febreiro na terminal de cruceiros, o alcalde de Vigo invitou á cidadanía a achegarse a un Salón de "referencia" que será un "éxito asegurado" ao contar con máis de 200 firmas representadas.
xoves, 16 feb 2017
O alcalde asistiu á apertura das Xornadas da Comisión Europea de Sindicatos, que abordarán a súa acción internacional coordinada no sur de Europa para manter un posicionamento común e evitar medidas depresivas dos salarios e das condicións de traballo indebidas. Caballero celebrou que o encontro se realizara na cidade contando coa presenza dos secretarios xerais de CCOO e UXT e representantes portugueses de "altísimo nivel" e reclamou acción sindical para evitar o dumping. <br />
xoves, 16 feb 2017
Abel Caballero presidiu este xoves a recepción que o Concello ofreceu aos responsables do Celta, do ucraniano Shakhtar Donetsk e da UEFA no Pazo de Castrelos con motivo do partido que enfronta aos dous equipos este serán en Balaídos. Na súa intervención, confiou na vitoria dos celestes e animou aos representantes do equipo e da UEFA a coñecer a cidade.