Escoitar

A cuarta fase da humanización de Camelias arranca cun orzamento de 778.000 euros

Cun prazo aproximado de execución de catro meses, comezou a cuarta fase da humanización de Camelias, cun orzamento de 778.000 euros. Así o explicou esta mañá Abel Caballero durante unha visita aos traballos na que estivo acompañado polo segundo tenente de alcalde, David Regades e a concelleira de Turismo, Ana Laura Iglesias.

mércores, 15 feb 2017
1487166130camelias.jpg
O alcalde visitou esta mañá as obras da cuarta fase da humanización da Avenida das Camelias na que se vai reformar un tramo de case 300 metros comprendido entre Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez. Segundo detallou, renovarase o saneamento e o abastecemento, que estaba rebentado en moitas zonas, así como o pavimento e as beirarrúas. O proxecto prevé manter as 77 árbores e os 26 farois existentes -aínda que se equiparán con leds- e instalaranse 4 papeleiras, 2 bancos e 9 xardineiras.

O investimento destas obras ascende a case 800.000 euros, unha cantidade que se eleva a máis de 4,5 millóns se sumamos as tres fases de traballos executados xa nesta rúa. O prazo de execución é de aproximadamente catro meses. Na visita, Caballero estivo acompañado polo segundo tenente de alcalde, David Regades e a concelleira de Turismo, Ana Laura Iglesias.
Descargar todas as imaxes