venres, 1 set 2017
O alcalde adiantou o inicio do procedemento para acometer o proxecto, que incluirá renovacións no interior e no exterior do espazo. Fíxoo durante a presentación da 4ª Ruta de Pinchos de Teis que xa está en marcha.
xoves, 17 ago 2017
Caballero censurou que o goberno galego adique 40.000 euros ao "festival máis internacional que hai en toda Galicia", mentres que a Deputación achega case 200.000 euros e o Concello de Vigo, 210.000 euros. O alcalde anuncia para a próxima semana o envío dunha carta ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, propoñendo a sinatura dun convenio ao efecto.
luns, 7 ago 2017
Caballero informou este luns da adxudicación dos servizos de decoración luminosa de Nadal á empresa Iluminaciones Ximénez, a mesma que se encargou o pasado ano da iluminación da Quinta Avenida de Nova Iorque. A árbore da Porta do Sol terá este ano 31 metros de altura.
venres, 28 xul 2017
O alcalde, Abel Caballero, e o reitor, Salustiano Mato, asinaron este venres un acordo segundo o cal a Universidade, como líder do Campus do Mar, presidirá e coordinará o comité científico da candidatura impulsada polo Concello. Ademais, Caballero e Mato oficializaron hoxe a volta do despacho do reitor ao edificio municipal de Areal.
venres, 7 xul 2017
Abel Caballero tomou parte este venres na entrega dos diplomas da terceira edición desta ruta, que tivo lugar entre os días 2 e 18 de xuño, co obxectivo de atraer visitantes, reforzar o comercio e a hostelería da zona.
martes, 4 xul 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes na presentación destes galardóns, organizados por FEPEGA coa colaboración do Concello e da Deputación. O certame nace co obxectivo de enxalzar o traballo creativo e técnico dos profesionais da perruquería e estética da comunidade galega. Vigo é a cidade seleccionada para o seu debut.
xoves, 1 xuñ 2017
O alcalde de Vigo participou este xoves na presentación dunha nova edición da Rutas de Pinchos As Travesas, que comeza mañá venres, 2 de xuño, e conclúe o domingo, 18 de xuño.
xoves, 6 abr 2017
A partir de hoxe xoves e durante 10 días, 22 restaurantes da cidade ofrecerán menús degustación de alta calidade por un prezo de ata 25 euros. O Concello apoia esta nova iniciativa de Mahou porque supón "poñer en valor a gastronomía, a economía o comercio e o turismo da cidade".
luns, 27 feb 2017
Durante a entrega do primeiro premio "O teu peso en froita", co que a empresa viguesa Frutas Sol agasallou a unha cliente o seu peso en amorodos, Caballero destacou a importancia de levar unha vida saudable co consumo de froitas e verduras e puxo en valor o peso do comercio local que axuda a "facer barrio" e que fortalece as relacións veciñais.
luns, 9 xan 2017
O rexedor mantivo un encontro con representantes da hostalería e o comercio da cidade no que abordaron o tratamento do Casco Vello, o ensanche e Bouzas como reclamo turístico. Tamén estudarán de forma coordinada a xestión da "inmensa afluencia" de visitantes ás Illas Cíes.