mércores, 27 nov 2019
O alcalde achegouse hoxe mércores ata a antiga nave de bodegas Litán en Doutor Corbal, onde a cadea de supermercados abre este xoves o seu cuarto establecemento na cidade, logo dun investimento superior aos tres millóns de euros.
luns, 14 out 2019
A sexta edición do Petisquiño arrancará o 17 de outubro -ata o 10 de novembro – con 52 establecementos participantes. Na presentación, o rexedor louvou unha iniciativa que xuda a crear lugares de encontro en toda a cidade, ademais de fomentar a gastronomía de calidade.
mércores, 21 ago 2019
Abel Caballero informou este mércores de que o vindeiro día 23 de novembro procederase ao acendido das luces de Nadal da cidade e que o apagado será o 11 de xaneiro. O alcalde destacou o elevado número de reservas hoteleiras que xa existen para esas datas na cidade e avanzou que haberá unha noria xigante na zona da Alameda.
martes, 21 mai 2019
O alcalde, Abel Caballero, participou este martes na presentación desta iniciativa, que na cidade terá lugar nos sete mercados municipais ata o 19 de xuño. Showcooking, obradoiros e visitas escolares, actuacións musicais e degustacións, entre as propostas desta edición.
luns, 18 mar 2019
O alcalde avanzou esta mañá que Vigo recibirá o próximo mércores 20 de marzo o Premio Nacional de Comercio Interior polo éxito da iluminación de Nadal. Este recoñecemento súmase ao que vén de recibir a pasada fin de semana de mans da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia, como Mellor Proxecto de Iluminación.
mércores, 9 xan 2019
Abel Caballero deu conta da incorporación deste servizo á programación das festas de Nadal, logo do éxito do autobús que suma 14.379 pasaxeiros desde o primeiro de decembro, o que cualifica de "éxito notable".
venres, 4 xan 2019
O alcalde informou da "demanda extraordinaria" deste servizo posto en marcha durante as festas e adiantou que ampliará o seu funcionamento ata o 13 de xaneiro o día no que se apagarán as luces de Nadal. Amais, instou á cidade a que se prepare para a "mellor cabalgata que tivemos nunca".
xoves, 3 xan 2019
O alumeado de Nadal lucirá nas rúas de Vigo ata o vindeiro 13 de xaneiro. A decisión do goberno local chega despois do éxito da iniciativa e da afluencia masiva de visitantes. O alcalde tamén anunciou que o Concello recibiu un galardón dos Premios Nacionais de Comercio pola súa labor en favor do comercio local.
luns, 10 dec 2018
Abel Caballero ofreceu este luns datos sobre a afluencia ao centro da cidade durante a Ponte da Constitución. O alcalde sinalou que na contorna do Farol de Urzaiz contabilizáronse unhas 99.000 persoas en apenas catro horas do sábado e que durante os catro días calcúlase que houbo en Vigo uns 450.000 visitantes.
venres, 7 dec 2018
Abel Caballero ofreceu datos sobre a afluencia ao centro da cidade este xoves. O alcalde sinalou que na contorna do Farol de Urzáiz contabilizáronse unhas 65.000 persoas en apenas catro horas. Ademais, sinalou que a ocupación hoteleira está ao 70% e nos vindeiros días acadará o cheo.