mércores, 21 nov 2018
O alcalde participou este mércores na entrega de premios da quinta edición do Concurso de Tapas de Vigo, o Petisquiño, organizado por Feprohos en colaboración co Concello. Abel Caballero enxalzou o crecemento "notable" do turismo na cidade, que responde en parte á "calidade" e "excelencia" da hostalería viguesa.
venres, 2 nov 2018
Abel Caballero entregou este venres os diplomas aos establecementos clasificados na quinta edición da Ruta de Pinchos de Teis, na que participaron 18 establecementos e que gañou a Cervecería D’Tres, onde se celebrou o acto. O rexedor deulle os parabéns á Asociación de Comerciantes Zona Teis pola boa acollida que tivo o concurso e fixo entrega tamén dos premios aos gañadores do sorteo entre os clientes que votaron as mellores propostas.
venres, 28 set 2018
O Concello promoveu unha consulta cidadá entre o 17 e o 24 de novembro e "gañou por goleada o 24 de novembro", revelou este venres o alcalde. Caballero afirmou que numerosas persoas e axencias de viaxe se interesaron pola data de acendido dunha iluminación que traerá a Vigo a "milleiros de persoas".
martes, 18 set 2018
O sábado 17 ou o sábado 24 de novembro. Estas son as datas que propón o goberno local para que a cidadanía elixa o día que quere que arranque o alumeado de Nadal. A partir de mañá mércores e durante unha semana, a páxina web do Concello estará habilitada para recibir as preferencias de todos os que queiran contribuír nesta decisión.
mércores, 12 set 2018
Camelias, Pi i Margall, López Mora, Torrecedeira e Praza de Independencia serán as primeiras das 307 rúas que este ano lucirán decoración de Nadal. Esta tarde de mércores comezará a montaxe dun deseño que nesta ocasión incluirá un espectáculo audiovisual con tres pases diarios sobre a árbore da Porta do Sol.
mércores, 8 ago 2018
Abel Caballero reuniuse este mércores cos responsables do evento, que presentan un proxecto de crecemento a medio prazo para convertelo nunha "gran festa" gastronómica en España. O goberno de Vigo apoia o proxecto polo "percorrido" da cita, sendo a cidade un dos lugares con maior "potencial" de turismo gastronómico.
martes, 7 ago 2018
O alcalde avanzou este martes algunhas das novidades da iluminación de Nadal deste ano, entre as que subliñou o espectáculo musical e luminoso da Porta do Sol, con tres pases diarios. O goberno vigués iluminará os mercados, prazas e edificios singulares.
martes, 31 xul 2018
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ás Galerías Gran Vía para participar na entrega de premios da 4ª Ruta de Pinchos Aetravi. Foron oito os establecementos galardoados en atención a criterios como o sabor, a presentación ou a orixinalidade. Neste concurso, que se desenvolveu entre o 15 e o 30 de xuño, participaron 19 propostas culinarias.
luns, 23 xul 2018
O alcalde destaca que tanto o pasado mes como o conxunto do primeiro semestre do ano foron "históricos". Caballero destacou que o pasado mes "subiron moito as pernoitas de estranxeiros, nun 12%, pero máis as nacionais, con máis dun 13%".
xoves, 14 xuñ 2018
Abel Caballero participou este xoves na inauguración da cuarta edición da Ruta de Pinchos das Travesas, posta en marcha polo Centro Comercial Aberto. A iniciativa comezará este venres e estará en marcha durante os vindeiros quince días.