luns, 9 xan 2017
O alcalde deu conta esta mañá da boa marcha dos mercadiños de Coia e Bouzas que contan xa con 244 vendedores autorizados. Na súa opinión, estas feiras funcionan "francamente ben", con normalidade e baixo condicións de seguridade. <br />
martes, 13 dec 2016
Como parte da decoración do Nadal na cidade, Abel Caballero informou hoxe da disposición diante da Concatedral dunha representación do nacemento de Xesús. Ademais este sábado 17 as cinco rondallas viguesas encherán de música o centro olívico.
mércores, 30 nov 2016
O acendido da iluminación navideña será ás 19:00 horas na árbore instalada na Porta do Sol que este ano alcanza os 25 metros de altura "batendo marcas" e conta con 100.000 luces led. O alcalde convidou a toda a cidade a sumarse ao acto co que Vigo se encherá de luz e cor con máis de 1.500 elementos decorativos en 150 rúas.
venres, 11 nov 2016
O alcalde animou esta mañá a todo Vigo a participar nas distintas accións de promoción da hostalería que se están a desenvolver na cidade. Concretamente, hoxe entregáronse os premios da Ruta de Pinchos de Teis e o próximo 18 de novembro arrancará Seguimos de tapas en Rosalía de Castro e García Barbón, entre outras rúas do arredor.
xoves, 8 set 2016
Reunido coa nova dirección da Federación de Comercio de Vigo, o alcalde anunciou este xoves "cooperación activa" coa entidade e o rescate de accións como a Gala do Comercio de Vigo. Caballero animou ás asociacións comerciais a sumarse á Federación, e ter así "interlocución directa" co sector.
xoves, 1 set 2016
A terceira edición da Ruta de Pinchos de Teis celébrase dende hoxe 1 de setembro e ata o día 18 con dezasete establecementos participantes que ofrecerán tapas a 1,80 euros.
martes, 30 ago 2016
"Seguimos traballando na modificación da ordenanza que cremos que debe entrar en vigor o un de xaneiro", explicou este martes o alcalde de Vigo, tras valorar a "absoluta normalidade" coa que se desenvolveu o mercadiño de Bouzas o pasado domingo.
xoves, 25 ago 2016
O alcalde de Vigo anunciou este xoves que o Concello que preside está a valorar unha rebaixa nas taxas de instalación dos postos nos mercadiños de Bouzas e Coia, que pasarían a custar un euro por metro cadrado. Actualmente en Coia a taxa é de 1,40 euros e de 2,05 euros en Bouzas.
mércores, 10 ago 2016
Hoxe mércores volveu a operar o mercadiño de A Bouza, en Coia, con total normalidade, segundo informou o alcalde de Vigo. Efectivos da Policía Local e Nacional supervisaron desde primeira hora o axeitado funcionamento do mesmo e seguirán ese labor para a reapertura do de Bouzas o próximo domingo.
luns, 8 ago 2016
O alcalde confirmou que, tras a aprobación en Xunta de Goberno das adxudicacións definitivas, este mércores iníciase a actividade no mercadiño de Coia con 75 postos de venda autorizados e o domingo 14 de agosto retómase en Bouzas con 80 comerciantes acreditados. Amais, o Concello destina 25.000 euros para as subvencións do Bono-Taxi que beneficiará a 85 persoas con mobilidade reducida. <br />