Caballero asegura que Volotea ampliará o próximo ano os destinos desde Vigo

venres, 27 xuñ 2014

O alcalde mantivo unha reunión cos responsables da compañía para avaliar o funcionamento dos voos que operan desde Vigo a Ibiza, Valencia e Palma, rutas que van "francamente ben". Caballero confía en que "en setembro" Volotea decida que un avión teña base en Vigo -que significaría entre 25 e 30 empregos na cidade- e asegurou que a aeroliña vai "ampliar as rutas" desde Vigo para a próxima tempada.

O Concello organiza Pasarela de Sol 2014 en apoio aos novos creadores e ao comercio local

martes, 24 xuñ 2014

Pasarela de Sol encherá de estilo e moda o centro da cidade o próximo xoves nun "novidoso" desfile ao aire libre no que novos creadores compartirán pasarela con consagradas firmas como Patricia Avendaño e Selmark. O Concello organiza este evento coa colaboración da Federación de Comercio Vigo Histórico, a Escola de Deseño Goymar, o Instituto Audiovisual de Vigo e o IES de Teis.

Caballero anima a toda a cidadanía a participar na segunda edición da Vigo Shopping Night

martes, 10 xuñ 2014

27 establecementos e 45 empresas participarán na segunda edición da Vigo Shopping Night, unha actividade de dinamización comercial e de ocio que se organizará o venres 13 de xuño entre as 19,00 e as 02,00 horas. Promovida por Centro Príncipe e o Concello, esta iniciativa incluirá este ano unha pantalla xigante na Farola de Urzáiz para permitir aos interesados seguir o partido da selección española.

O goberno local presentará unha moción para que baixe o IVE das perruquerías

venres, 4 abr 2014

O goberno local respalda a petición do sector da perruquería que reclama un IVE reducido para poder manter abertas as súas empresas e os empregos. Así o avanzou esta mañá a tenente de alcalde, Carmela Silva, quen anunciou a presentación dunha moción no Pleno do Concello para salvagardar un sector que xa perdeu 20.000 empregos desde que o Goberno Central subira a carga impositiva a este sector dun 8 a un 21%.