Escoitar

A Vigo Convention Bureau reclama a necesidade de defender o aeroporto de Vigo

A reunión do padroado da Fundación Vigo Convention Bureau, celebrada este mércores na Sala de Xuntas da Alcaldía baixo a presidencia do concelleiro Cayetano Rodríguez, evidenciou a unanimidade dos seus integrantes na necesidade de defender o aeroporto de Peinador.

mércores, 26 xuñ 2013
1372266649vcb.JPG
Ante a situación actual dos aeródromos galegos -Vigo é o único de Galicia que non recibe subvencións públicas-, os membros da Fundación constataron que se está negando ao aeroporto de Vigo a posibilidade de ser competitivo e coincidiron en que Peinador ten todas as condicións para crecer.

Os expertos do Bureau, que abordaron a situación de Peinador na sesión desta mañá, coincidiron en apostar por desenvolver accións que dinamicen o aeroporto de Vigo, unha terminal que é clave para o presente e o futuro da industria, a economía e o emprego da primeira cidade de Galicia.

Por outra banda, o padroado aprobou a memoria de 2012 e validou tamén as contas para o presente exercicio.
Descargar todas as imaxes