Programación de verán da Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas"
A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas" presenta a súa programación de verán, para o período xullo-setembro, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan dúas mostras bibliográficas: "Os Inklings" en xullo e agosto, e "Traduttore, traditore" con motivo do Día Internacional da Tradución, o 30 de setembro.
Ademais, haberá as actividades habituais como "Os sabadiños do Roque"; os talleres "Achégate a internet", "Achégate ao graffiti con...Peri" e "Achégate á bioloxía mariña"; o "Obradoiro de arte-De arte e de libros"; "A hora dos contos"; terrazas literarias; e "Entre arrolos e contiños", dirixida a nenas e nenos de 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.
Descargar todas as imaxes