Escoitar

O alcalde anima "a todo Vigo" a participar no Concurso de Tapas do Casco Vello

Abel Caballero sumouse hoxe "ao esforzo" dos hosteleiros do Casco Vello por recuperar esta zona da cidade. Así o dixo na presentación da oitava edición do Concurso de tapas do Casco Vello, na que este ano participan desde hoxe 25 locais.

venres, 4 out 2013
1380904972TAPAS.JPG
Caballero desexoulle moitos éxitos aos representantes dos 25 locais do Casco Vello que desde hoxe e ata o 27 de outubre participan na oitava edición do Concurso de Tapas. Acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Comercio, Angel Rivas, o alcalde comprometeuse cos hoteleiros en seguir dando pasos para mellorar unha zona da cidade, "que xa está medio recuperada", matizou.

Durante a presentación, o rexedor puxo en valor a gastronomía e a hostelería como "unha das patas" fundamentais para o futuro da cidade, para o turismo e o comercio "sectores onde temos moito que dicir". Rematou animando a todo Vigo a participar nesta consolidada iniciativa á que cada vez se incorporan máis locais.
Descargar todas as imaxes