O Museo Liste presenta a programación do derradeiro trimestre do ano
O Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, presenta a súa programación para o derradeiro trimestre do ano, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, obradoiros, talleres e actividades especiais.
En canto á exposición permanente, neste trimestre preséntase o novo discurso expositivo da sala situada no soto do museo; adicada á cultura do centeo, engádeselle agora pezas relacionadas co transporte no rural, co rodado.
Dentro das exposicións temporais, teremos "Hijas de J. Nieto: un oficio singular, fabricantes de símbolos" (a partir do 15 de novembro), percorrido a través do proceso de elaboración dos selos de caucho máis representativos da industria viguesa e da súa área de influencia; "Con pés e cabeza", exposición itinerante que conta con máis dun cento de pezas entre tocados para cubrir cabeza e calzado; "Un baleiro útil", con pezas de madeira escavada procedente de diversos países; "Vedacións", mostra fotográfica que ilustra sobre diversas formas de delimitar as propiedades privadas; "Retretes", baseada nas variadas solucións hixiénicas de antano; "Con outro enfoque", unha nova exposición de fotografías realizadas por José Luís Gómez Márquez; e por último, "O Nadal na tradición" (dende o 17 de decembro), coa exhibición dos tradicionais beléns de Nadal.
A programación para este período inclúe unha serie de actividades especiais como son a celebración das colleitas de froitos do outono (vendima e magosto), o Samaín, o San Martiño e a matanza e as festas de decembro.Tamén se ofertarán os obradoiros "A muda" e "Instrumentos humildes".
No tocante ao CAT, ofertará a exposición permanente de cestería coa actividade complementaria "E o que non son os cestos?", percorridos urbanos polo barrio histórico da cidade e os encontros "Faladoiros artesáns", que nacen coa intencionalidade de protexer e divulgar os oficios artesanais. Ademais, realizarase o curso de papel e encadernación. Por último, faise a terceira convocatoria para a selección de traballos artesáns para "O escaparate".
Descargar todas as imaxes