luns, 30 set 2013
Todos os grupos políticos coincidiron esta mañá ao votar ao favor dunha moción socialista na que aboga porque as 5.500 obras da colección artística da desaparecida Caixanova teñan a súa sede en Vigo. O texto solicita ao presidente galego a pronuniciarse de forma "nítida e contundente"sobre a permanencia da colección na nosa cidade.
luns, 30 set 2013
PSOE e BNG sumaron esta mañá os seus votos a unha moción do PP na que solicita a incorporación da cidade de Vigo na "Rede de cidades pola accesibilidade", unha estratexia para mellorar ha habitabilidade urbana e social. Outra das iniciativas populares aprobadas inata ao goberno local a implementar os mecanismos necesarios orientados a consolidar o turismo na cidade.
luns, 30 set 2013
BNG e PSOE presentaron hoxe sendas mocións en apoio aos veciños e veciñas beneficiarias de pensións percibidas no estranxeiro afectadas pola reclamación da Axencia Estatal Tributaria. Os dous textos aprobados, que se debatiron e aprobaron por separado, contaron coa apoio do PP.