Escoitar

Caballero agradece a "magnífica" conxunción que supoñen en Vigo Conxemar e a FAO

O rexedor amosou a súa satisfacción de que a cidade acollla un evento tan importante desde o punto de vista científico e económico como o Congreso Mundial de Pescado Blanco que coorganizan FAO e Conxemar. Así o dixo esta mañá durante a inaguración da conferencia.

luns, 30 set 2013
1380561036conxemar.JPG
O alcalde saudou hoxe a presenza da alianza Conxemar-FAO, "unha magnífica conxunción" e agradeceu que elexiran Vigo para organizar esta segunda conferencia. Durante a inauguración do Congreso Mundial de Pescado Blanco, Abel Caballero destacou a relevancia dun evento que trae á cidade coñecemento e reflexión científica. Destacou características da pesca galega como a "eficiencia", a actividade responsable e a trazabilidade.

O rexedor alabou a organización do evento "que convirte Vigo na capital da pesca mundial" e lle permite facer fronte á "competencia desleal" doutros eventos como Seafood. Destacou que a feira que comeza mañá 1 de outubro no Ifevi "é a representación do que é esta cidade, capaz de triunfar nos bos e los malos momentos".

Conxemar celebrou hoxe a segunda edición deste congreso, coorganizado coa FAO, e que se centrará este ano no pescado branco, con especies como a pescada e o bacalao -que supoñen o 18% do total de peixe consumido en España- e tamén procedentes da acuicultura como a panga e a tilapia. O encontro sectorial contou coa participación dun total de 14 ponentes de 10 nacionalidades e ten máis de 320 persoas inscritas.
Descargar todas as imaxes