O Pleno insta á Xunta a apoiar a permanencia da colección pictórica de Caixanova en Vigo
Todos os grupos políticos coincidiron esta mañá ao votar ao favor dunha moción socialista na que aboga porque as 5.500 obras da colección artística da desaparecida Caixanova teñan a súa sede en Vigo. O texto solicita ao presidente galego a pronuniciarse de forma "nítida e contundente"sobre a permanencia da colección na nosa cidade.
Co fin de garantir que a colección pictórica da desaparecida Caixanova teña a súa sede en Vigo, o concelleiro socialista Carlos López Font defendeu unha moción na que se insta á Xunta a pronunciarse de xeito "nítido e contundente" sobre esta permanencia. Co voto favorable de todos os grupos políticos, o Pleno deu luz verde a un texto que lembra que as pezas artísticas que ten en propiedade a Obra Social de Novacaixagalicia proceden da colección herdada da extinguida Caixanova. Son 5.500 pezas, un "valioso patrimonio" forxado coa confianza e os aforros dos vigueses. Durante o debate, o PSOE admitiu unha enmenda do PP -tamén aprobada por unanimidade- que solicita trasladar á comisión xestora a petición de negociación e consenso no nomeamento dos futuros patronos da Fundación especial Novacaixagalicia, así como a sustitución da ex secretaria do Consello de Administración de NCG por outro representante do consello territorial sur.
Otra das mocións do PSOE que se aprobaron na sesión plenaria desta mañá esixe a retirada inmediata da denuncia penal interposta pola Xunta aos representantes dos traballadores de Povisa por manifestarse en defensa dos seus dereitos laborais. Co apoio do BNG e a abstención do PP, Santos Héctor defendeu unha moción que "repudia e concena" a actitude manifestamente radical por parte do Partido Popular, xa que ao acudir á Xunta para solicitar unha entrevista, os representantes sindicais de Povisa foron recibido coa forza pública, de xeito que se sentiron "ameazados e desprotexidos nos seus dereitos como cidadáns e traballadores".