Escoitar

Presentación do libro "Mis padres: Romeo y Julieta" de Pablo Fidalgo Lareo no MARCO<br />

O salón de actos do MARCO acolle o venres 4 outubro, ás 20.00, a presentación do libro "Mis padres: Romeo y Julieta". No acto interveñén Xosé Mª Álvarez Cáccamo e o autor Pablo Fidalgo Lareo que <br /> é un dos artistas participantes na exposición VERANEANTES, que o venres 11 de outubro se inaugurará nas salas da planta baixa do MARCO. A exposición inclúe un programa de artes escénicas e cinema (‘Material Memoria’), comisariado por Fidalgo, que terá lugar cada fin de semana nun dos Patios da planta baixa. Como inicio do devandito programa, o día 12 de outubro estrearase a súa performance O estado salvaxe. Espanha 1939, directamente relacionada co libro que este venres se presenta no salón de actos do Museo.

xoves, 3 out 2013
1380798262fidalgo.jpg
Pablo Fidalgo
"A publicación do libro Mis padres: Romeo y Julieta (Pre-textos, 2013), é o inicio dun proxecto sobre a memoria familiar e a memoria política, que pretende reconstruír e reescribir a historia de España a partir da historia de amor dos meus pais. Meus pais resumen, na miña opinión, a historia dunha xeración perdida, que se creu unha falsa transición e que se desencantou demasiado pronto da política, ou que, quizais simplemente, nunca sentiu que puidese transformar o mundo. Por outra banda, a miña xeración empeza a ser consciente de que o máis importante foi sempre silenciado, e de que se non levantamos as ruínas do sur de Europa seremos definitivamente sepultados por elas. Mis padres: Romeo y Julieta, é un poema extenso sobre os últimos 40 anos da vida dunha familia, e ao mesmo tempo un estraño poema político, un ouveo para o século que vén".

Pablo Fidalgo Lareo (Vigo, 1984) é autor de La educación física (Pre-textos, 2010), elixido por El Cultural como un dos cinco mellores libros de poesía publicados en 2010 en España. En 2012 gaña o Premio Injuve de poesía por La retirada. Publicou o libro de artista El tiempo de las tragedias absurdas (Fundación Cuña-Casasbellas, 2012). Os seus textos figuran en varias antoloxías, e foron traducidos ao portugués, francés, polaco, inglés e persa. Participou no Festival Internacional de Poesía Cosmopoética 2007 en Córdoba, e no Festival Internacional de Poesía de Barcelona 2011, entre outros. Colabora como comisario independente co MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Entre 2004 e 2013 formou parte da compañía La tristura.
www.pablofidalgo.com
Descargar todas as imaxes